foto del taller

Creatividade, técnica e detalle.

Somos unha empresa de deseño e impresión especializada en téxtiles personalizados e produtos promocionais para empresas e particulares. Dispoñemos do noso propio taller de impresión onde empregamos unha ampla variedade de técnicas para ofrecer un servizo de alta calidade e uns prazos de entrega moi competitivos.
 
Estamos situados en Moaña, Galicia, concretamente na rúa Ramon Cabanillas nº9, planta baixa. O noso equipo amable e dedicado combina a experiencia en deseño e impresión co asesoramento experto para axudar a miles de proxectos a alcanzar o seu máximo potencial. Profesionalidade e dos prazos de entrega claros, garantindo a satisfacción do cliente ao 100 %.
 
Contacta connosco ou visítanos. Estaremos encantados de axudarche e asesorarte sobre a mellor maneira de abordar o teu proxecto, tendo en conta as túas necesidades e requisitos específicos.

O que nos diferencia

Paixón polo deseño

Cada proxecto é único e tratámolo co coidado que merece.

Equipo cercano

Somos persoas reais ás que lles encanta o que facemos e nos gusta axudarche.

Calidade profesional

Máis de 30 anos de experiencia avalan cada impresión que sae do noso obradoiro.

Innovación constante

Sempre ao día das últimas técnicas e tecnoloxías de impresión.

A nosa historia

A nosa aventura comezou fundando unha empresa que se centraba moito máis no traballo de deseño e na consultoría empresarial en canto a creación de marca e estratexias de marca.

Montamos o noso primeiro taller de impresión, dando vida a innumerables artigos personalizados e merchandising para empresas.

O obradoiro amplíase con máis técnicas de impresión e damos renda solta á nosa creatividade máis persoal creando a nosa propia marca AFOUTA.

Novas instalacións, con venda directa de produtos acabados, onde continuamos avanzando e mellorando con técnicas e maquinaria de última xeración. A personalización para particulares está a ser sistematizada e comeza a xogar un papel máis destacado.

Dixitalización e perfeccionamento de todos os nosos servizos.

Que facemos?

Ofrecemos unha ampla gama de servizos para cubrir todas as túas necesidades de deseño e impresión.

Deseño gráfico

O noso equipo asesorache e deseña desde cero para garantir que o resultado final sexa estéticamente agradable e funcional.

Asesoramento personalizado

Guiámosche na selección de materiais e técnicas para optimizar o teu proxecto.

Impresión

Empregamos métodos avanzados dependendo do material e do volume de produción para garantir o mellor resultado.

Visita o noso obradoiro