Que facemos?

Entre as diversas técnicas de impresión, seleccionamos a máis axeitada para o teu proxecto, tendo en conta o produto que necesitas, o volume de produción, o prazo de entrega e o orzamento ao que queres axustarte.

Deseño Gráfico

O noso equipo asesorache e deseña desde cero para garantir que o resultado final sexa estéticamente agradable e funcional.

Asesoramento personalizado

Guiámosche na selección de materiais e técnicas para optimizar o teu proxecto.

Impresión

Empregamos métodos avanzados dependendo do material e do volume de produción para garantir o mellor resultado.

Excelencia en cada impresión

Técnicas de Impresión

Ofrecemos unha variedade de técnicas de impresión. Axudarémosche a escoller a técnica perfecta para o teu proxecto.

DTF

Impresión dixital, perfecta para tiradas pequenas, mesmo desde unha soa unidade, coa opción de impresión a toda cor. Moi eficiente para pequenas variacións como nomes, códigos, etc.

DTF UVI

Película de transferencia UV de alta definición con cores vibrantes, deseñada para personalizar superficies ríxidas. Aplícase en segundos e deixa un acabado duradeiro. Perfecta para metal, plástico, vidro, madeira barnizada e moito máis.

Impresión UVI

Impresión dixital con curado UV inmediato, perfecta para conseguir cores vibrantes e alta nitidez en materiais ríxidos. Amplamente utilizada en madeira, metal, vidro, PVC, acrílico, etc.

Grabado láser

Marcado de alta precisión en superficies duras. Ideal para personalizar unidades individuais ou tiradas curtas con nomes, logotipos, etc. Funciona ben en metal, madeira, vidro e moito máis.

Serigrafía

Técnica tradicional perfecta para grandes tiradas. Cores vibrantes e unha durabilidade excepcional.

Vinilo

Vinilo termotransferible con corte preciso. Perfecto para logotipos e texto cun acabado profesional.

Sublimación

Impresión a toda cor en superficies de forma permanente, con cores vibrantes e unha excelente claridade. Amplamente utilizado en cerámica, metal, etc.

Non sabes cal escoller?

Envíanos o teu deseño e asesorarémosche sen compromiso